El Club

O Club de Tenis «A Pedralba» foi fundado por uns amigos que lles gustaba o deporte do tenis e que tiñan que practicalo nunhas pistas de cemento situadas no Pedrido.

A medida que aumentaba a afección, decidiron comprar uns terreos na Pedralba para construír unha primeira pista de cemento.

Despois arranxárono e construíron unha segunda pista xunto cunha pequena sala social con 2 pequenos vestiarios e unha sala dedicada a facer unhas festas cos amigos.

Así foi durante moitos anos, ata que se decidiu adquirir unhas fincas lindeiras co obxectivo de que algún día o club puidese medrar.

Na actualidade este obxectivo fíxose realidade e o club conta cun novo local, novos vestiarios, ximnasio, cafetería, sala de reunións, 4 pistas de tenis, 3 pistas de pádel, 2 pistas de tenis praia e 1 de baloncesto.